sábado, 30 de abril de 2011

TEMA 1: As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos. A súa repercusión nos usos.


A función esencial dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse noutras máis específica que, en orde crecente de prestixio e formalidade poden ser:
»     IDENTIDADE: a lingua do pensamento propio, xeralmente correspóndese coa materna.
»  FAMILIAR: a utilizada na casa, cando existe ruptura xeracional hai varias linguas que cumpren esta  función.
»     LOCAL: a empregada nos contactos diarios entre persoas do mesmo contorno.
»     LABORAL: a lingua empregada no ámbito laboral.
»     CULTURAL: a lingua cumpre esta función cando se emprega para a expresión artística, cultural...
»    INSTITUCIONAL: os cidadáns emprégana para se comunicaren coas institucións políticas e administrativas. Actualmente algúns políticos empregan o galego en público de maneira artificial.
»   INTERNACIONAL: se a lingua é empregada non só por aquelas persoas que a aprenderon como materna senón por cidadáns doutros países que a aprenderon como segunda lingua. Actualmente a lingua máis relevante que cumpre dita función é o inglés.
(Cando algunha delas é desempeñada por outra lingua falamos de lingua minorizada)
A convivencia lingüística é a situación máis habitual dado que as aproximadamente 5000 linguas coñecidas repártense nuns 200 Estados existentes, mais raramente esta convivencia é pacífica. Este contexto de desequilibrio e tensión entre elas denomínase conflito lingüístico. A coexistencia de dúas linguas da lugar ao bilingüismo:
O bilingüismo individual é a capacidade que posúe un individuo para comunicarse coa mesma facilidade en dúas linguas.
O bilingüismo social dáse cando se empregan dúas linguas diferentes como medio de comunicación nunha comunidade, sendo condición indispensábel que a maioría da poboación sexa bilingüe, senón atopámonos ante o colingüismo.
Se a maioría dos falantes prefiren empregar unha lingua prodúcese unha situación de diglosia, habendo unha lingua hexemónica e outra minorizada. No caso da comunidade lingüística galega a convivencia diglósica vénse producindo desde o século XV.  Temos dúas alternativas á diglosia:
à ECOLOXISMO LINGÜÍSTICO: defende que cada comunidade debe manter, conservar e facer progresar a súa lingua, establecendo unha segunda para relacionarse con outras comunidades.
à SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA que consiste na recuperación da lingua minorizada dos ámbitos de uso que lle foron arrebatados pola outra, para o que é necesaria a lealdade lingüística e o compromiso activo dos falantes así como a implicación no proceso dos poderes públicos e das institucións culturais e económicas. (“O ideal é que todas as linguas desempeñasen no seu territorio a totalidade das funcións”)
Un dos moitos obstáculos no camiño da normalización é a vixencia de determinados  estereotipos e prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que a lingua minorizada (o galego no noso caso) non é tan válida para o desenvolvemento como a hexemónica: Os prexuízos lingüísticos non son innatos, adquírense.
-          Algúns vellos prexuízos son: pensar que o galego é un dialecto, un símbolo de inferioridade cultural (atraso), que é para determinadas clases sociais ou lugares, para os ámbitos informais, que non ten léxico culto...
-          Outros que están xurdindo nestes últimos anos son: o galego como lingua de reivindicación, dunha determinada opción ideolóxica e política, para determinadas manifestacións culturais, como ritual (lingua para o Día das Letras Galegas, a Tv, a radio, a política e as institucións).
A repercusión destes prexuízos nos usos do galego son:
-a continuidade da diglosia
-ruptura xeracional
-substitución lingüística